Xestión do tempo

This tag is associated with 1 post

Como xestionar o TEU tempo: algo que debes ter en conta e que a biblioteca recórdache


E-mail-graphic3Pódese considerar a xestión do tempo como un coñecemento necesario que che pode axudar a disfrutar e ter máis éxito na túa vida académica e persoal. Desde logo, debería ser considerado como parte da túa formación e poderiamos velo como unha materia necesaria dentro das competencias transversais e moi acertadamente dentro das informacionais. Pero sen entrar agora nestes temas de currículo académico, a biblioteca pode botarche un cable e para iso abrimos unha reflexión sobre o que nos acontece.

Todos sabemos que a abundancia de contidos, a conexión continúa, o exceso de tarefas que se asumen, a ubicuidade da información poden provocarnos un exceso de distracción e unha atención desmedida a redes sociais, sistemas de mensaxería como Whatsapp, televisión, etc. Pero o que a miúdo se nos esquece é que isto, día a día pode provocar que o tempo se nos vaia das mans e que queden sen facer ou mal feitas tarefas importantes.

Dentro da xestión do tempo, o uso óptimo de todo o que implica medios informáticos lévanos a considerar a aprendizaxe de ferramentas ofimáticas para:

  • Coñecer e usar procedementos básicos e avanzados de programas de calendario e axenda, como o Calendar de Google.
  • Xestionar o correo electrónico de forma regulada, cartafois, categorización de mensaxes, frecuencias de conexión e resposta, etc
  • Organizar a información persoal para un acceso rápido e eficiente: xestión de ficheiros, compatibilidade, programas básicos para traballar con documentos colaborativos como google drive, conexión de diferentes dispositivos como dropbox, ipad, móbil, etc.
  • Crear Contornas Personalizadas de Aprendizaxe que faciliten a conexión a todas as nosas redes sociais e RSS sen que exista unha duplicidade de publicación e uso de todas as nosas redes.

Ademais destes coñecementos instrumentais, débese ter en consideración:

  • Recoñecer o tempo dispoñible como condicionante das tarefas polo tanto planificar a súa xestión de forma eficiente, consulta o seguinte enlace: http://www.joeyanne.co.uk/wp-content/uploads/2012/10/Update_10_pp35-37.pdf
  • Reducir as perdas de tempo, en relación as distintas aplicacións e servizos aos que nos conectamos. Aprender a regular o tempo de atención que nos demandan coñecendo opcións que eviten a saturación.
  • Valorar e respectar a planificación temporal das tarefas informacionais. Podes consultar: http://www.forbes.com/sites/dell/2012/04/19/managing-distraction-how-and-why-to-ignore-your-inbox/
  • Respectar o tempo propio e o dos demais. Non difundir mensaxes sen contido ou demasiado superfluo, distribuír as nosas publicacións por grupos de interese.
  • Valorar e atopar momentos para facer formas de lectura lenta, reflexiva, lineal ou intensiva. Así como momentos de lecer e de goce que non implique unha conexión.

Nestes enlaces atoparás algo máis de información:

http://listserv.rediris.es/cgi-bin/wa?A2=ind1212A&L=IWETEL&F&S&P=17311

http://www.luisarimany.com/la-gestion-del-tiempo,

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas