indicadores científicos

This tag is associated with 1 post

Scimago Journal Rank and Country Rank


SJRlogo

O SCImago Journal & Country Rank trátase dun portal que inclúe as revistas e os indicadores científicos de diferentes países a partir da información almacenada na  base de datos Scopus ( Elsevier ). Estes indicadores poden empregarse para avaliar e analizar os dominios científicos.

No portal atoparemos un ranking elaborado polo grupo de investigación SCIMAGO (Universidade de Granada) o Scimago Journal Rank  indicador baseado no algoritmo PageRank de Google, que ten en conta as publicacións científicas indexadas en Scopus e a visibilidade das mesmas.

De xeito similar ao SJR_pantallaJournal Citation Report (JCR) do Web of Science no SJR podemos visualizar o ranking das revistas por:

  • Área de coñecemeno
  • Categoría (dependente da área elixida)
  • País

E en base a estes tres filtros poderemos ordenar os resultados polos indicadores seguintes:

  • Indicador SJR
  • Título
  • Índice H
  • Total de documentos
  • Total de citas
  • Documentos citables
  • Citas por documento

A continuación amosamos unha busca realizada filtrando pola área de Matemáticas, país Spain, e listado ordeado por SJR:

SJR_rev_esp

Ademais de coñecer que lugar ocupa unha revista no ranking, podemos obter estudos máis detallados a través de diferentes consultas:

  1. Country Search: Spain. Category: Mathematics
  2. Journal Search: Revista Matematica Iberoamerican
  3. Compare: Western Europe – Nort America; Mathematics
  4. Map Generator: Spain

Scimago Journal Rank (SJR) ten carácter multidisciplinar e internacional. Ainda que a base de datos Scopus non é gratuita (non suscrita pola USC), sí é de acceso libre a plataforma de indicadores SCImago Journal & Country Rank, que inclúen os ranking por disciplinas elaborados a partir do SJR.

Aconsellamos aos investigadores que visiten este portal para coñecer cales son as revistas mellor posicionadas nunha determinada área, baseandose nun novo indicador, diferente ao coñecidísimo JCR e recollidas nunha base de datos (Scopus) que abrangue moitos máis títulos que as bases de datos do ISI.

Advertisements

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas