homenaxe

This tag is associated with 1 post

Lembrando a Rosa Bassave


Con motivo do día da muller traballadora, o pasado 9 de marzo celebrouse na Rosa4Biblioteca Concepción Arenal unha homenaxe a nosa compañeira Rosa Bassave Roibal, directora durante máis de 20 anos da biblioteca da Facultade de Matemáticas. Neste acto, promovido polo movemento feminista, houbo poesía, música, vídeos e lecturas; ademais, presentouse un libro con textos e fotografías de Rosa, dando conta da súa intervención social e do seu forte e xeneroso compromiso.

Foi un encontro moi emotivo e a súa vez íntimo, independentemente do abultado número de persoas que asistimos. Foi íntimo porque cada unha das persoas que interviron no acto mostrou a cara mais humana de Rosa así como cada un dos que escoitabamos recordabamos e sentiamos todas as vivencias e emocións que dalghuna forma cobraban aínda máis realidade.Rosa5

cartel_rosaComo o resto de compañeiros  que a coñeceron, dende a biblioteca de matemáticas queremoslle  amosar o noso profundo agradecemento por todo o  que compartimos con ela e todo o que nos ensinou esta gran muller.  Aínda que xa fisicamente non está con nós  sempre quedará o seu “nena”  “neno” na lembranza.

Así engadimos tamén  o vídeo en recordo de Rosa que se presentou no homenaxe.

Vídeo:

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas