producción científica

This tag is associated with 1 post

A producción científica da USC en Dialnet Plus


Recentemente Dialnet, segundo portal de contidos bibliográficos do mundo, ven de mellorar a súa dialnetplusplataforma con Dialnet Plus, ofrecendo así as ferramentas necesarias para optimizar as buscas e traballar cos fondos dispoñibles. Se queredes coñercer máis en profundidade todo o que ofrece Dialnet Plus pinchade no seguinte enlace: Funcionalidades de Dialnet Plus.

Dialnet é un dos maiores portais bibliográficos de acceso libre e gratuito que ten como finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana en Internet. A súa base de datos é interdisciplinar e da acceso a moitos contidos a texto completo. Unha aposta polo acceso aberto á literatura científica.

dialnet_uscEntre as melloras que se están a realizar tamén se presenta unha nova páxina personalizada da USC en Dialnet, nestes momentos en proceso de elaboración, na cal accederedes á producción científica publicada pola USC e recollida nesta base de datos. Dende a pantalla principal atoparedes:

  • O buscador de autor co directorio dos autores da Universidade e as súas obras e coa posibilidade de filtrar por campos de coñecemento ou Departamento.
  • As últimas novidades das súas publicacións.
  • As obras editadas polo Servizo de Publicacións da USC.
  • As lecturas de teses doutorais.
  • Datos estatísticos da nosa participación en Dialnet.

Na área de Mátemáticas, agora hai 4 departamentos presentes en Dialnet, o número de autores asociados a estes departamentos actualmente non é real posto que acaba de iniciarse esta clasificación, pouco a pouco iranse completando estes filtros.

Debido a esta casuística e mentres se traballa neste proxecto, recomendámosvos que si necesitades buscar a producción científica dun profesor da USC en Dialnet busquedes no buscador especifíco de Autores, no menú superior da pantalla.autores_dialnet

A producción científica matemática recollida en Dialnet atópase dentro do campo das Ciencias Básicas e Experimentais, ao igual que as revistas científicas relacionadas con esta materia.

Recomendamos aos alumnos que teñan en conta este portal para localizar información científica de calquera campo.

Buscar_dialnet

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas