En Agosto de 1991 comezou arXiv.org (previamente xxx.lanl.gov) como un arquivo electrónico para artigos de investigación. Nun primeiro momento soamente era un arquivo para borradores de física e posteriormente ampliouse para incluír astronomía, matemáticas, informática, ciencia non lineal, bioloxía cuantitativa e mais recentemente estatística. Pódese dicir que ArXiv é un repositorio aberto e moderado para artigos de investigación nas disciplinas antes mencionadas.
ArXiv está aloxado e administrado pola Universidad Cornell, con espellos en todo o mundo. Cambiou o seu nome e dirección por arXiv.org en 1999 para darlle unha maior flexibilidade. Conta cun ArXiv Scientific Advisory Board e o ArXiv Sustainability Advisory Group que proporcionan unha guía e apoio na súa labor, así como a axuda de numerosos colaboradores das diferentes disciplinas.
Neste senso, ArXiv non está revisado por pares senón que os documentos entregados son revisados por expertos que verifican que son contribucións científicas e seguen os estándares da comunicación científica. ArXiv reservase o dereito de rexeitar ou reclasificar os artigos entregados, pero a maior responsabilidade recae sobre o autor xa que só se rexeitan por problemas moi evidentes ao ser un repositorio. Permítense subir diferentes versións revisadas do artigo pero sempre mantendo as anteriores.
Ademais de subir os artigos a este repositorio a maioría dos autores envía os e-prints ás revistas científicas para que sexan publicados polo método tradiccional.
Como arquivo electrónico ArXiv comprométese a proporcionar acceso permanente aos documentos nel publicados. Isto conséguese, en parte, co control do tipo de arquivos cargados. Os artigos pódense enviar en varios formatos, incluído LaTex, Postscrit, Pdf e HTML. No caso de LaTeX, débense enviar todos os arquivos para producir o texto, en particular a súa fonte e os das ilustracións. O envío e rexeitado si o software que xera o PDF final falla, si hai algunha imaxe demasiado grande, ou si o tamaño final despois da compresión e demasiado grande. Os límites de tamaño son bastante pequenos e as veces hai que converter as imaxes en arquivos máis pequenos.
Para enviar os artigos requírese que o autor estea rexistrado como usuario, aínda que non é necesario rexistrarse para poder navegar polo repositorio.
En moitos campos das matemáticas e da física, case todos os artigos científicos se colocan en arXiv. En 2010, arXiv.org almacenaba máis de 617.767 documentos o que supón que miles deles sexan engadidos cada mes.
Recentemente o CWTS Leiden Ranking 2013, elaborado pola Universidad de Leiden, reflicte que a Universidade de Santiago, concretamente na área de Matemáticas e Computación está á cabeza no ámbito da investigación a nivel nacional e internacional.
Este ranking mide o rendemento científico das 500 Universidades máis importantes de todo o mundo, mediante indicadores bibliométricos extraídos das publicacións científicas recollidas no Web of Sciencien entre 2008-2011. A partires da aplicación destes indicadores inténtase medir o impacto científico das Universidades e a colaboración científica, en cinco campos:
Se listades o ranking por MNCS (promedio de citas normalizadas), veredes a 3º posición que ocupa a USC. Filtrade por:
A continuación filtramos por pais Spain para ver o ranking só entre as universidades españolas. Nesta listaxe a USC sube ao primeiro posto na área de Matemáticas e Computación, seguindolle a longa distancia a Universidade de Granada e Valencia.
Por último felicitar aos nosos profesores/investigadores por acadar tan alto nivel de investigación no ámbito das matemáticas-ciencias da computación e deste xeito, deixar a esta facultade e a USC nos primeiros postos dos rankings de investigación.
Engadimos a este post, o artigo que escribiu o antigo rector da USC, Dario Villanueva no diario El Correo Gallego sobre os rankings de Universidades.
Seguramente moitos de vós xa coñecedes Scirus, pero para aqueles que ainda non o descubrístes aquí vai o post desta semana.
Scirus for sicentific information only trátase dunha moi boa ferramenta de investigación científica que vos permite realizar buscas de información científica sobre consultas específicas. Propiedade da macroeditorial Elsevier, Scirus creouse no 2001 e dende entón foi incorporando cada vez máis novas fontes de información o que o convirte nun motor de búsca específico en ciencia, definido como o máis extenso en Internet.
Ao tratarse dun buscador científico as buscas realízanse sobre o contido de revistas científicas (gran parte da editorial Elsevier, máis un gran número de publicacións de tipo open access), ademais de buscar tamén en páxinas e documentos publicados en sitios web e respositorios institucionais e académicos (entre estes ArXiv, repositorio moi empregado en Matemáticas).
Scirus contén unha ampla gama de características especiais para axudarte a localizar con precisión a información científica que necesitas, permíteche:
Algunha das opción polas que podedes filtrar os resultados das buscas (Busca avanzada) amosámolas na seguinte pantalla:
A pantalla de resultados ofrece no menú da esquerda múltiples opcións para afinar con maior precisión a busca e atopar así o que nos interesa realmente :
Lembrade que si o artigo que vos interesa está nunha revista de pago poderase acceder ao texto completo do mesmo sempre que a Biblioteca da USC teña suscrita dita revista.
Se estades a facer calquer traballo de investigación do ámbito das matemáticas ou da astronomía non deixedes de buscar en Scirus.
Academia.edu trátase dunha plataforma, creada no 2008, para que os investigadores poidan compartir os seus traballos. A misión de Academia Inc. é accelerar a investigación no mundo.
Como rede social que é, os investigadores de todo o mundo comparten aquí os seus traballos, supervisan o impacto da súa investigación e seguen a aqueles outros compañeiros que traballan nas mesmas áreas ou disciplinas. Actualmente xa hai unha comunidade de case 3 millón de investigadores rexistrados nesta plantaforma, e máis de millón e medio de documentos colgados. Botade unha ollada as condicións de uso: http://www.academia.edu/terms
Cando o usuario se rexistra pode publicar o texto completo dos seus artígos, conferencias, libros, charlas e outros recursos de investigación, coa mesma idea que a de cualquera rede social: atopar novos colegas e fortalecer os seus contactos e colaboracións. Con esta finalidade, utiliza o mesmo sistema que é habitual nas redes deste tipo, a través de seguidores e seguidos (following & followers). Ademais, naturalmente de incrementar a visibilidade dos documentos de investigación.
En Academia.edu podedes atopar importantes documentos da área das Matemáticas a texto completo e de acceso totalmente libre, por iso aconsellamos que visitedes e, si vos interesa, vos rexistredes nesta web.
Na seguintes pantallas amosamos dúas buscas que realizamos por mathematics e applied mathematics para ver o número de persoas rexistradas e os documentos que hai subidos sobre estas áreas.
Na seguinte pantalla tedes un exemplo da ficha dun académico cos documentos (books, papers, teaching documents, etc…) que subiu á plantaforma, algúns deles pódense consultar a texto completo de forma totalmente libre.
Para descargar un documento, por exemplo deste investigador, é necesario estar rexistrado ou ben ter unha conta de facebook; de todos xeitos pódese visualizar o documento completo en acceso libre sen necesidade de rexistrarse.
Por último realizamos unha busca por universidade (university of santiago) e descubrimos que xa hai moitos investigadores (ningún de Matemáticas) rexistrados en Academia.edu:
Esperamos que este recurso de información vos sexa de axuda e de utilidade e incrementedes as persoas rexistradas en Academia.edu da Universidade de Santiago.