ranking

This tag is associated with 1 post

A Facultade de Matemáticas á cabeza en investigación a nivel internacional.


Logo_CWTSRecentemente o CWTS Leiden Ranking 2013, elaborado pola Universidad de Leiden, reflicte que a Universidade de Santiago, concretamente na área de Matemáticas e Computación está á cabeza no ámbito da investigación a nivel nacional e internacional.

Este ranking mide o rendemento científico das 500 Universidades máis importantes de todo o mundo, mediante indicadores bibliométricos extraídos das publicacións científicas recollidas no Web of Sciencien entre 2008-2011.  A partires da aplicación destes indicadores inténtase medir o impacto científico das Universidades e a colaboración científica, en cinco campos:

  • Biomedical and health sciences
  • Life and earth sciences
  • Mathematics and computer science
  • Natural sciences and engineering
  • Social sciences and humanities

Se listades o ranking por MNCS (promedio de citas normalizadas), veredes a 3º posición que ocupa a USC.Ranking_Leiden_Math2013 Filtrade por:

  • Subject: Mathematics and computer science
  • Indicator used for ranking: MNCS
MNCS (mean normalized citation score). The average number of citations of the publications of a university, normalized for field differences and publication year.
Un  valor 2 en MNCS significa que as publicacións da Universidade foron citadas 2 veces por riba da media mundial. Na captura da pantalla vedes que a USC acada un valor de 2.05.
 
 
 
 

A continuación filtramos por pais Spain para ver o ranking só entre as universidades españolas. Nesta listaxe a USC sube ao primeiro posto na área de Matemáticas e Computación, seguindolle a longa distancia a Universidade de Granada e Valencia.

 Ranking_Leiden_Math2013_spain

Por último felicitar aos nosos profesores/investigadores por acadar tan alto nivel de investigación no ámbito das matemáticas-ciencias da computación e deste xeito,  deixar a esta facultade e a USC nos primeiros postos dos rankings de investigación.

 

 

 

 

Engadimos a este post, o artigo que escribiu o antigo rector da USC, Dario Villanueva no diario El Correo Gallego sobre os rankings de Universidades.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas