doazón

This tag is associated with 1 post

Doazón dos libros de Enrique Vidal Abascal


foto_acto_blogOnte celebrouse nesta biblioteca un emotivo acto de agradecemento á familia de Enrique Vidal Abascal pola súa doazón de 231 exemplares pertencentes a este matemático. Ao acto asistiron, ademais de tres dos seus fillos, a decana da Facultade, o profesor Xosé Masa así como numerosos docentes e investigadores desta facultade, moitos deles antigos alumnos seus.

O fondo bibliográfico doado recolle obras de xeometría e topoloxía moi relacionados coa docencia e investigación nesas materias. De entre todos eles destacan algunhas obras clásicas de matemáticos como Bianchi, Bieberbach, Blaschke, E. Borel ou E. Cartan dos anos 20 e 30 do pasado século. Á súa particular valía engádeselle o feito de que moitos volumes contan con anotacións caligráficas do propio profesor Vidal Abascal.

20130207_092231

Don Enrique, como así lle chamaban os seus alumnos, impartiu clases na Facultade de Matemáticas na materia de Xeometría Diferencial e ademais foi o primerio decano desta Facultade. É de salientar que foi o  promotor da Real Academia das Ciencias de Galicia e o director do Seminario de Estudos Matemáticos de Santiago de Compostela durante os anos 1967-1978.

Pódese consultar aquí o catálogo dos libros doados.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas