Comezamos o novo curso e vos ofrecemos un curso para toda a carreira!
Temos visto que alumnos que estaban a piques de rematar os seus estudos universitarios non coñecían moitos dos recursos dos que dispón a Biblioteca Universitaria. Para evitar que isto ocorra empezamos en primeiro de grao ofertándovos este curso moi básico pero imprescindible como estudantes. Trataremos temas como o uso das salas, o préstamo de libros, cómo localizar fondos bibliográficos, bibliografías recomendadas,etc.
Ademais convocaranse cursos online sobre Competencias Informacionais e outros específicos para TFGs e masters nos vindeiros anos.
VÉMONOS!!!!
Esta tarde e mañá estaremos pola tarde impartindo a formación de usuarios aos alumnos de 1º de Grao.
É importante que se eres alumno de 1º acudas a esta formación para poder desenvolverte cómodamente na biblioteca e poder empregar todos os servizos que esta che ofrece.
Contidos da formación:
Web da BUSC; Rexistro de Usuario da BUSC; Catálogo da BUSC e busca de libros; Como realizar préstamos; Biblioteca da Fac. de Matemáticas; Como citar bibliografía; Breves nocións sobre o plaxio na elaboración de documentos.
Tende en conta que todos os materiais que presentamos neste curso están accesibles dende o blog, no apartado de Recursos de Interese.
Esperámosvos na Aula de Informática 2!
Todo o persoal da Biblioteca de Matemática dámos a benvida aos novos alumnos que este ano comezan os seus estudos nesta Facultade. Tamén desexar aos que continúan un bo curso e que esperamos velos pola biblioteca.
Como xa fixemos no curso anterior continuaremos actualizando este blog con noticias que pensamos poidan ser do voso interese e seguiremos tamén creando taboleiros en Pinterest coas novas adquisicións de libros que entran na biblioteca, polo tanto recomendámosvos que esteades atentos a estas dúas canles de comunicación que paralelamente coa atención persoal empregaremos para transmitirvos información.
Nesta entrada do blog queremos tamén aproveitar para anunciarvos xa a formación de usuarios que impartiremos nos vindeiros días e meses tanto de maneira presencial como online:
Días: 17 e 18 de septembro. Pola tarde: 17:00 – 18:30 h. Aula 2 de Informática.
En breve comunicarémosvos as datas da formación online para 4º curso.
Benvidos á Facultade de Matemáticas!
A partir do 11 de xullo e debido as obras no depósito da biblioteca da nosa facultade, vémonos na obriga de pechar todos os servizos excepto o préstamo de libros e os traballos internos. A biblioteca só estará aberta no horario de mañá de 9:00 a 14.30h . As obras están destinadas a suprimir a parte superior do depósito (para garantir unha maior seguridade) e unha nova redistribución dos estantes de abaixo. Todo o persoal que atende a sala estará sacando e volvendo a recolocar o fondo completo de revistas. Tanto o préstamo de libros como os traballos de xestión continuarán funcionando, aínda que sempre estarán condicionados pola actividade de reorganizar a hemeroteca, xa que está previsto que como moi tarde a biblioteca estea con actividade normal a partir do 1 de setembro.
Disculpen as molestias!.