Súma-Te é o blog da Biblioteca de Matemáticas (Universidade de Santiago de Compostela).
Créase coa finalidade de ofrecer aos nosos usuarios unha nova canle de comunicación para informar e formar a través da Rede sobre os recursos e servizos de información que ofrece a Biblioteca:
novidades bibliográficas, cursos de formación, noticias relacionadas co ámbito das matemáticas así coma información do ámbito da investigación e aprendizaxe que poida ser de interese para os usuarios.
Esperamos e desexamos establecer un diálogo e intercambio de ideas e opinións cos usuarios interesados fundamentalmente na área de Matemáticas para poder enriquecer máis o contido deste blog.
Conversa
Aínda non hai comentarios.