ITMATI

This tag is associated with 2 posts

Libro Blanco de las Matemáticas


O pasado 22 de outubro presentouse o “Libro Blanco de las Matemáticas” elaborado pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) en colaboración coa Fundación Ramón Areces. O noso interese é dar a coñecer este documento a través das opinións e valoracións realizadas por diferentes medios e dar divulgación a este documento que pode ser atopado na nosa biblioteca e que ademais a propia Fundación Areces proporciona a súa descarga libre. https://www.fundacionareces.es/fundacionareces/es/publicaciones/libro-blanco-de-las-matematicas.html

Así o ITMATI na súa web fai referencia a este libro:

Es un honor para ITMATI ser reconocido en este libro como un referente en España entre las Instituciones y Centros de Investigación (ver Capítulo 4 “Investigación Matemática en España”, apartado 5.1: “Instituciones y Centros de Investigación”, páginas 289-304)”.

Neste enlace podedes ver o análise completo que fai este instituto http://www.itmati.com/nace-el-%E2%80%9Clibro-blanco-de-las-matem%C3%A1ticas%E2%80%9D-con-un-an%C3%A1lisis-profundo-y-acciones-de-mejora-para-el-desa

Por outra banda a Agencia Sinc expón unha descrición do seu contido dunha forma moi completa no post titulado: El Libro Blanco de las Matemáticas propone 64 medidas para impulsar esta ciencia en España, comentado entre outros puntos:

Elaborado por más de 60 especialistas, el documento ofrece una radiografía de la situación de esta ciencia numérica en múltiples aspectos cotidianos en los que interviene, como la educación, las salidas profesionales, el impacto socioeconómico, la divulgación, la igualdad de género, la internacionalización y la investigación. También, acompañan estas cuestiones con 64 recomendaciones o propuestas de mejora”.

Enlace do post : https://www.agenciasinc.es/Noticias/El-Libro-Blanco-de-las-Matematicas-propone-64-medidas-para-impulsar-esta-ciencia-en-Espana

O ITMATI abriu a primeira convocatoria para a captación de investigadores


itmati_logoO sábado 5 de outubro aparecía na Voz de Galicia a nova de que o  Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati)  abría  a primeira convocatoria para a captación de investigadores das tres universidades galegas interesados en transferir ao tecido empresarial  os seus resultados de investigación. Unha comisión de avaliación, formada na súa  maioría por expertos externos, será a encargada de avaliar os currículos daqueles científicos que queiran formar parte do Itmati como persoal adscrito:

Resolución provisional aprobada en la Junta Ordinaria del Consejo de Gobierno de ITMATI del 26 de septiembre de 2013”, por el que se aprueba la lista provisional de aspirantes admitidos en el proceso selectivo para el ingreso como investigador/a adscrito/a la ITMATI ..”

O centro de investigación ten a súa sede en Santiago de Compostela e a súa principal función é a  transferencia de tecnoloxía matemática para axudar a mellorar a competitividade e apoiar a innovación no sector produtivo. O Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)  proporciona solucións avanzadas, especialmente ás empresas, industrias e ás administracións públicas, con especial atención as referidas a Galicia pero tamén porá as súas miras na innovación de carácter nacional e internacional.

ITMATI é un consorcio público, no que participan as tres universidades galegas, coa idea de ser un centro de investigación tecnolóxica de referencia a nivel internacional no ámbito da Matemática Industrial.  Ademais de persoal propio, conta  coa colaboración de nove grupos de investigación en Matemática Industrial das 3 universidades galegas (catro deles son da USC, tres da UDC e dous da U. Vigo), todos con ampla traxectoria e recoñecido prestixio no  ámbito da Matemática Aplicada, a Estadística e a Investigación Operativa.itmati diagrama Entre os seus servizos destacan:

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas