academia.edu

This tag is associated with 1 post

Descubre a rede social: Academia.edu


Academia_eduAcademia.edu trátase dunha plataforma, creada no 2008, para que os investigadores poidan compartir os seus traballos. A misión de Academia Inc. é accelerar a investigación no mundo.

Como rede social que é, os investigadores de todo o mundo comparten aquí os seus traballos, supervisan o impacto da súa investigación e seguen a aqueles outros compañeiros que traballan nas mesmas áreas ou disciplinas. Actualmente xa hai unha comunidade de case 3 millón de investigadores rexistrados nesta plantaforma, e máis de millón e medio de documentos colgados. Botade unha ollada as condicións de uso: http://www.academia.edu/terms

Cando o usuario se rexistra pode publicar o texto completo dos seus artígos, conferencias, libros, charlas e outros recursos de investigación, coa mesma idea que a de cualquera rede social: atopar novos colegas e fortalecer os seus contactos e colaboracións. Con esta finalidade, utiliza o mesmo sistema que é habitual nas redes deste tipo, a través de seguidores e seguidos (following & followers). Ademais, naturalmente de incrementar a visibilidade dos documentos de investigación.

En Academia.edu podedes atopar importantes documentos da área das Matemáticas a texto completo e de acceso totalmente libre, por iso aconsellamos que visitedes e, si vos interesa, vos rexistredes nesta web.

Na seguintes pantallas amosamos dúas buscas  que realizamos por mathematics  e  applied mathematics para ver o número de persoas rexistradas e os documentos que hai subidos sobre estas áreas.

academia_pantalla3academia_pantalla4

Na seguinte pantalla tedes un exemplo da ficha dun académico cos documentos (books, papers, teaching documents, etc…) que subiu á plantaforma, algúns deles pódense consultar a texto completo de forma totalmente libre.

academia_pantalla2

Para descargar un documento, por exemplo deste investigador, é necesario estar rexistrado ou ben ter unha conta de facebook; de todos xeitos pódese visualizar o documento completo en acceso libre sen necesidade de rexistrarse.

academia_pantalla5
Por último realizamos unha busca por universidade (university of santiago) e descubrimos que xa hai moitos investigadores (ningún de Matemáticas) rexistrados en Academia.edu:

Academia_edu_usc

Esperamos que este recurso de información vos sexa de axuda e de utilidade e incrementedes as persoas rexistradas en Academia.edu da Universidade de Santiago.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas