Informes matemáticos

This tag is associated with 1 post

i-MATH. Ingenio Mathematica


i-mathIngenio MATHEMAICA (i-MATH) foi un proxecto de investigación desenvolvido entre 2006-2011 que propuxo un Programa de Actividade Investigadora integral para a matemática española. O obxectivo básico consistiu en promover e executar as actuacións estratéxicas de ámbito estatal que incrementasen cualitativa e cuantitativamente o peso das matemáticas no panorama internacional e no sistema de ciencia, tecnoloxía, empresa e sociedade.
cesga_mdEntre as institucións que colaboraron no proxecto está o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) ademais de varios investigadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta web podedes atopar diferentes recursos do ámbito das matemáticas e información de interese como os Mapas que reproducen informes levados a cabo no proxecto para analizar a situación das Matemáticas a través de diferentes ámbitos:

  • Mapa i-MATH de Demanda Empresarial de Tecnología Matemática: informe no que se pretende detectar as necesidades e problemas nos distintos sectores empresariais españois, coñecer a demanda de formación matemática e definir, si así se precisa novas liñas de investigación en Matemáticas orientadas a resolver estes problemas.
  • Mapa de REDES TEMÁTICAS: informe que demostra a situación actual das redes temáticas que operan no ámbito das Matemáticas no noso país.
  • Mapa de PUBLICACIONES: informe que da unha serie de pinceladas sobre a realidade actual da investigación matemática española. O estudo baseouse nas publicaciones en revistas recollidas no Web of Knowledge.
  • Mapa de COMPUTING: informe que analiza as interaccións e conexións da computación matemática coa investigación tanto fora como dentro das Matemáticas.
  • Mapa de CONSULTING: informe que analiza as interaccións e conexión da investigación matemática coa transferencia de tecnoloxía a sectores empresariais e industriais.

Recomendamos que visitedes esta web aqueles que non a coñezades pola información que podedes atopar sobre as Matemáticas no ámbito español a través de diferentes canles.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas