Comezamos o novo curso e vos ofrecemos un curso para toda a carreira!
Temos visto que alumnos que estaban a piques de rematar os seus estudos universitarios non coñecían moitos dos recursos dos que dispón a Biblioteca Universitaria. Para evitar que isto ocorra empezamos en primeiro de grao ofertándovos este curso moi básico pero imprescindible como estudantes. Trataremos temas como o uso das salas, o préstamo de libros, cómo localizar fondos bibliográficos, bibliografías recomendadas,etc.
Ademais convocaranse cursos online sobre Competencias Informacionais e outros específicos para TFGs e masters nos vindeiros anos.
VÉMONOS!!!!
A Biblioteca de Matemáticas imparte este xoves o curso “As publicacións científicas: a súa localización e impacto” dirixido ao alumnado de 4º curso do Grao en Matemáticas, da Licenciatura en Matemáticas e dos Másters da Facultade. Terá preferencia o alumnado matriculado en TFG ou en TFM.
Contidos: Web of Knowledge (Web of Science e Journal Citation Report); Scimago Journal & Country Rank, Repositorios institucionais e temáticos (arXiV e Minerva); As revistas electrónicas na BUSC (SFX), Buscadores científicos (Google Schoolar); Redes sociais no ámbito académico (ResearchGate); Como evitar o plaxio (as citas bibliográficas).
Data e horario: 31/10/2013, de 10 a 12 horas, na Aula de Informática 2 da Facultade de Bioloxía.
Impartido por Mar Rego López e Ana Portugués del Río.
Inscrición: a inscrición pode realizarse na secretaría do Decanato da Facultade de Matemáticas, ou ben a través de correo-e á dirección zmatdeca@usc.es, ata o 30 de outubro ás 14:00 horas. Terá preferencia o alumnado matriculado no Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster.
Esta tarde e mañá estaremos pola tarde impartindo a formación de usuarios aos alumnos de 1º de Grao.
É importante que se eres alumno de 1º acudas a esta formación para poder desenvolverte cómodamente na biblioteca e poder empregar todos os servizos que esta che ofrece.
Contidos da formación:
Web da BUSC; Rexistro de Usuario da BUSC; Catálogo da BUSC e busca de libros; Como realizar préstamos; Biblioteca da Fac. de Matemáticas; Como citar bibliografía; Breves nocións sobre o plaxio na elaboración de documentos.
Tende en conta que todos os materiais que presentamos neste curso están accesibles dende o blog, no apartado de Recursos de Interese.
Esperámosvos na Aula de Informática 2!
Todo o persoal da Biblioteca de Matemática dámos a benvida aos novos alumnos que este ano comezan os seus estudos nesta Facultade. Tamén desexar aos que continúan un bo curso e que esperamos velos pola biblioteca.
Como xa fixemos no curso anterior continuaremos actualizando este blog con noticias que pensamos poidan ser do voso interese e seguiremos tamén creando taboleiros en Pinterest coas novas adquisicións de libros que entran na biblioteca, polo tanto recomendámosvos que esteades atentos a estas dúas canles de comunicación que paralelamente coa atención persoal empregaremos para transmitirvos información.
Nesta entrada do blog queremos tamén aproveitar para anunciarvos xa a formación de usuarios que impartiremos nos vindeiros días e meses tanto de maneira presencial como online:
Días: 17 e 18 de septembro. Pola tarde: 17:00 – 18:30 h. Aula 2 de Informática.
En breve comunicarémosvos as datas da formación online para 4º curso.
Benvidos á Facultade de Matemáticas!