Cursos e Congresos

This category contains 5 posts

A beleza dos números, a beleza das palabras : xornadas de terminoloxía matemática


CartazA3_Beleza_XornadasAs xornadas “A beleza dos números, a beleza das palabras” que se celebrarán o 5 e 6 de novembro na Facultade de Matemáticas (Salón de Graos) aspiran a ser un lugar de encontro de xentes interesadas no uso da nosa lingua nas matemáticas, para intercambiar experiencias e puntos de vista, para saber de nós e, idealmente, ir tecendo uns medios que permitan a colaboración regular neste terreo.

A Facultade de Matemáticas vén esforzándose desde hai un tempo en facer agromar algúns destes medios, e estas xornadas queren tamén servir de escaparate para difundilos e dinamizalos.

Entre estes medios contamos coa rolda de léxico, o concurso de vídeos Explícoche matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre Galipedia, que pode axudar a visualizar as matemáticas en galego.

Esperamos que esta iniciativa, que ten vocación de continuidade, marque un fito relevante na normalización da expresión matemática na nosa lingua.

Inscrición

A inscrición é gratuita.  É necesaria para obter o certificado de asistencia, precísase nome e dni. Pódese facer enviando un mail a: zmatdeca@usc.es indicando xornadas no asunto. Data límite: 24 de outubro.

Información facilitada polo profesor Xosé Masa Vázquez.

Advertisements

Axenda de cursos, conferencias, xornadas, etc..


axenda_mathinnetmathin_logoA Rede Española de Matemática e Industria (Math-in) ofrécenos dende a súa web unha axenda de xornadas, cursos, conferencias, etc… de gran interese para os vindeiros meses. Botádelle unha ollada!

Congreso AGAPEMA 2012


Os días 7 e 8 de setembro celebrarase na Facultade de Matemáticas o VI Congreso de Educación Matemática.

Para inscribirte, preme aquí.

Congreso en Lugo: Software Libre para Ciencia, Matemática e Tecnoloxía


Igaciencia organiza, coa colaboración do Concello de Lugo, para os vindeiros días 2 e 3 de xullo o I Congreso de Software Libre para Ciencia, Matemática e Tecnoloxía, enmarcado no ano galego da TecnImagenoloxía. Terá lugar no CEI-Nodus de Lugo e vai dirixido fundamentalmente aos docentes de toda Galicia. A día de hoxe hai xa 90 inscritos co que están esgotadas as 75 prazas de participación no congreso, limitadas polo número de ordenadores dispoñibles, polo que calquera nova inscrición será incluída nunha lista de agarda ante posibles baixas.

Fonte: Praza Pública

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas