Usuarios

This category contains 22 posts

Curso sobre como usar os recursos da Biblioteca


Comezamos o novo curso e vos ofrecemos un curso para toda a carreira!

Temos visto que alumnos que estaban a piques de rematar os seus estudos universitarios non coñecían moitos dos recursos dos que dispón a Biblioteca Universitaria. Para evitar que isto ocorra empezamos en primeiro de grao ofertándovos este curso moi básico pero imprescindible como estudantes. Trataremos temas como o uso das salas, o préstamo de libros, cómo localizar fondos bibliográficos, bibliografías recomendadas,etc.

Ademais  convocaranse  cursos online sobre Competencias Informacionais e outros específicos para TFGs e masters nos vindeiros anos.

VÉMONOS!!!!

 

sistematitorial_seminario_busc

Advertisements

Curso: As publicacións científicas: a súa localización e impacto.


Curso_4Grao2A Biblioteca de Matemáticas imparte este xoves o curso “As publicacións científicas: a súa localización e impacto” dirixido ao alumnado de 4º curso do Grao en Matemáticas, da Licenciatura en Matemáticas e dos Másters da Facultade. Terá preferencia o alumnado matriculado en TFG ou en TFM.

Contidos: Web of Knowledge (Web of Science e Journal Citation Report); Scimago Journal & Country Rank, Repositorios institucionais e temáticos (arXiV e Minerva); As revistas electrónicas na BUSC (SFX), Buscadores científicos (Google Schoolar); Redes sociais no ámbito académico (ResearchGate); Como evitar o plaxio (as citas bibliográficas).

Data e horario: 31/10/2013, de 10 a 12 horas, na Aula de Informática 2 da Facultade de Bioloxía.

Impartido por Mar Rego López e Ana Portugués del Río.

Inscrición: a inscrición pode realizarse na secretaría do Decanato da Facultade de Matemáticas, ou ben a través de correo-e á dirección zmatdeca@usc.es, ata o 30 de outubro ás 14:00 horas. Terá preferencia o alumnado matriculado no Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster.

A beleza dos números, a beleza das palabras : xornadas de terminoloxía matemática


CartazA3_Beleza_XornadasAs xornadas “A beleza dos números, a beleza das palabras” que se celebrarán o 5 e 6 de novembro na Facultade de Matemáticas (Salón de Graos) aspiran a ser un lugar de encontro de xentes interesadas no uso da nosa lingua nas matemáticas, para intercambiar experiencias e puntos de vista, para saber de nós e, idealmente, ir tecendo uns medios que permitan a colaboración regular neste terreo.

A Facultade de Matemáticas vén esforzándose desde hai un tempo en facer agromar algúns destes medios, e estas xornadas queren tamén servir de escaparate para difundilos e dinamizalos.

Entre estes medios contamos coa rolda de léxico, o concurso de vídeos Explícoche matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre Galipedia, que pode axudar a visualizar as matemáticas en galego.

Esperamos que esta iniciativa, que ten vocación de continuidade, marque un fito relevante na normalización da expresión matemática na nosa lingua.

Inscrición

A inscrición é gratuita.  É necesaria para obter o certificado de asistencia, precísase nome e dni. Pódese facer enviando un mail a: zmatdeca@usc.es indicando xornadas no asunto. Data límite: 24 de outubro.

Información facilitada polo profesor Xosé Masa Vázquez.

Seminario BUSC – Biblioteca de Matemáticas


Seminario BUSCEsta tarde e mañá estaremos pola tarde impartindo a formación de usuarios aos alumnos de 1º de Grao.

É importante que se eres alumno de 1º acudas a esta formación para poder desenvolverte cómodamente na biblioteca e poder empregar todos os servizos que esta che ofrece.

Contidos da formación:

Web da BUSC; Rexistro de Usuario da BUSC; Catálogo da BUSC e busca de libros; Como realizar préstamos; Biblioteca da Fac. de Matemáticas; Como citar bibliografía; Breves nocións  sobre o plaxio na elaboración de documentos.

Tende en conta que todos os materiais que presentamos neste curso están accesibles dende o blog, no apartado de Recursos de Interese.

Esperámosvos na Aula de Informática 2!

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas