Prensa

This category contains 7 posts

Os Simpson e as matemáticas


Saudando xa de fronte ás vacacións, retomamos o blog cunha nova moi animada.

simpson 1Marta Martín Sierra e Abel Martín Álvarez, da Facultade de Matemáticas da Universidade de Oviedo, atoparon na serie estadounidense “The Simpson” un método ameno e efectivo para ensinar a disciplina en centros escolares de Asturias. Non é de estrañar tendo en conta que varios dos guionistas da famosa producción de Matt Groening son licenciados en Matemáticas e Física pola prestixiosa Universidade de Harvard. Así é como J. Stewart Burns, Al Jean, Ken Keler, David X. Cohen e Jeff Westbrook aproveitaron os seus coñecementos académicos para dotar de contido “numérico” as delirantes historias de Hommer, Marge, Bart, Lisa e Maggie, entre outros.

Xa o escritor e físico británico Simon Singh se encargara de facer un repaso polos momentos matemáticos ocorridos en Springfield no seu libro The Simpson and their Mathematical Secrets. A continuación un par deles:

simpson 2Corría o ano 1993 cando Hommer visualizou (nunca mellor dito) na casa do señor Burns un dos enunciados máis coñecidos no cálculo de probabilidades: “Se un millón de monos teclearan ao azar nun millón de máquinas de escribir, ao cabo dun millón de anos terían escrito todos os libros do British Museum”. Foi Arthur Eddington quen a finais dos anos vinte do século pasado escribiu tal afirmación no seu libro The Nature of the Physical World, premisa que ilustra o feito de que baixo determinados niveis de probabilidade, o termo improbable equivale a imposible.

simpson 3

O premio Nobel de Física Richard Feynman calificou como “a fórmula máis notable da matemática” a identidade de Euler, que relaciona os cinco números máis empregados nesta ciencia: o número e, o número pi, o número i, o 0 e o 1. Esta identidade, exposta polo matemático e físico suizo Leonhard Euler en 1748, aparece referenciada en numerosos capítulos dos Simpson. Un par de exemplos: cando Hommer viaxa a unha terceira dimensión tentando fuxir das súas cuñadas Selma e Patty, aparece rodeado de distintas fórmulas, unha delas é a identidade de Euler. Esta ecuación tamén se observa no lombo dun libro no episodio no que Lisa entrena a unha equipa de béisbol.

Baseado nunha noticia publicada no diario El País o 02/05/2015.

Entrevista a Decana da Facultade de Matemáticas


Esta semana, a nosa decana foi entrevistada  en VTelevisión no programa “Vía V” Las matemáticas, ¿el futuro? para falar das matemáticas tanto no que se refire á investigación e a docencia na Facultade así como o que significa o seu  coñecemento  na nosa vida diaria.

Apunta que os logros da Facultade de Matemáticas da USC débesen ao traballo de varios  grupos de investigación moi  punteiros no seu ámbito. Neste mesmo sentido indica que este éxito  tamén e froito da contribución doutros  matemáticos e investigadores que traballan noutros centros de investigación de Galicia.

Poderíamos seguir comentado todo o que dixo pero e mellor ver a entrevista e o vídeo que puxeron, onde explican con datos a situación das matemáticas….

decna 4

 

Recompensa dun millón de dólares para quen resolva a conxetura de Beal


beal

Quen di que os investigadores en matemáticas non poden ser ricos? Pois se alguén o dubida aquí vai unha nova que saiu no diario El Pais fai uns días. O que non sabemos é canto tempo hai que adicarlle para conseguilo, pero o banquerio Andrew Beal ofrece un millón de dolares para  aquel que logre rersolver o problema que él mesmo plantexou: a conxetura de Beal . Isto por se alguén se anima. Sorte!

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/07/actualidad/1370616631_328551.html

Increibles no axedrez


IncreiblesA noite do pasado venres, aqueles que sintonizastes Antena 3 Televisión, seguramente recoñeceríades a Julio González Díaz, investigador Ramón y Cajal desta Facultade no programa “Increíbles, el gran desafío“. Xunto co compañeiro, Dan Cruz marcáronse un reto axedrístico que lles supoño o pase á gran final cun 70% con respecto aos outros concursantes. Baixo un taboleiro de axedrez, e unha xogada que Julio debía realizar, o seu compañeiro Dan, coñecendo só a posición de tres pezas debía acertar a partida e o resultado da mesma, así ata tres xogadas. Coñecían as máis célebres partidas da historia do axedrez, o que supón saber uns 5.500 movementos. O resultado foi de acerto pleno nos tres intentos.

Julio González Díaz, investigador desta facultade dende 2008, traballa no departamento de Estadística e Investigación Operativa e está especializado no campo da Teoría de xogos, seguramente moi relacionado coa proba realizada neste programa de televisión. E polo que puidemos ver a través do seu currículum, moi aficcionado ao axedrez dende rapaz ao igual que o seu compañeiro Dan Cruz.

Dende aquí lles felicitamos polo éxito no concurso, e desexamos que acaden o premio na gran final.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas