Redes Sociais

This category contains 1 post

ResearchGate: unha nova forma de comunicación e colaboración científica


RG_logo_ScientificNetwork_L

Hoxe queremos amosarvos, para aqueles que non a coñezades, a maior rede social para científicos e investigadores, falamos de ResearchGate. Fundada no 2008 co fin de que os usuarios puidesen atopar a outros investigadores con liñas afíns, que traballasen en proxectos similares e permitir a colaboración científica entre eles. Desde entón a comunidade foi crecendo ata superar o millón de membros.

En ResearchGate os usuarios poden crear perfís, formar grupos, subir documentos, buscar traballo, obter información sobre acontecementos e eventos do mundo da ciencia e incluso arquivar as súas publicacións. En este último aspecto, ResearchGate entra na escea do acceso libre á información e desenvolve unha ferramenta de axuda a os investigadores á hora de cargar publicacións, respetando os dereitos de autor. Os usuarios poden ler e descargar publicacións gratuitas.

Cada investigador poderá contar, ao rexistrarse, cos seguintes apartados:

  • Perfil científico: parecido ao que sería o CV do investigador, onde se resume os intereses do investigador, proxectos, etc. Ademais conta cun índice de publicación persoal e unha biblioteca que ofrece dunha forma máis rápida a opción de presentar e compartir documentos. Para estar ao día e estar conectados, os investigadores reciben automaticamente as actualizacións doutros perfís no servizo de noticias. O servizo de mensaxería permite tamén que os usuarios se comuniquen entre sí directamente.  O “Network Graph” permite ao investigador visualizar as súas conexións, grupos, publicacións e ofrece de forma interactiva a posibilidade de descubrir o contido da plataforma ResearchGate.
  • Grupos de discusión. Os investigadores poden crear grupos co fin de discutir con persoas do mesmo círculo científico e traballar en colaboración nun entorno interactivo.
  • Microblog. Os investigadores poden, a través deste servizo, manterse en contacto e informar sobre actualizacións, resultados, e recursos do seu interese.
  • Literatura. Motor de busca que permite ao usuario localizar información simultánea a través de sete base de datos principais e máis de 1.000 base de datos de acceso libre (entre elas: Pubmed, ArXiv, IEEE e CiteSeer). Os investigadores tamén a través desta ferramenta comprobar que revistas científicas sería relevantes para o seu traballo.
  • Publicacións Auto-Arquivo. Opción para publicar artigos de texto completo e poñelos a disposición do público de forma gratuita. A aplicación permite que os autores poidan saber que versións dos seus artigos poden subir legalmente á rede. 

Se queres coñecer máis en profundidade esta rede  e estás implicado no ámbito da investigación rexistrate en ResearchGate.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas