Recursos de información

This category contains 12 posts

Journal of Nonlinear Mathematical Physics. Issue 1 2013 (open access)


Journal of Nonlinear Mathematical PhysicsAqueles interesados na revista Journal of Nonlinear Mathematical Physics, o editor Taylor & Francis ofrece a posibilidade do acceso libre e gratuito ao contido do número 1 do ano 2013.

Advertisements

InTech : acceso aberto a libros de matemáticas


InTech2Hoxe queremos darvos a coñecer InTech, unha das maiores editoriais do mundo que da acceso aberto e gratuito a numerosos libros de distintos campos científicos, entre eles o das matemáticas.

Dende 2004 ven colaborando con cerca de 90.000 autores o que lles permitiu publicar máis de 2.000 libros e 7 revistas coa única finalidade de proporcionar acceso gratuito en liña á investigación de calidade ao mesmo tempo que proporcionar unha maior visibilidade e accesibilidade a ditos resultados por todo o mundo.

Os cinco libros de matemáticas que podedes acceder e descargar libremente dende InTech son os seguintes:

Se despois de ver o sistema de publicación de InTech queredes animarvos e colaborar tendes as instruccións no seguinte enlace: Promoting Your Work

InTech3

Scirus: motor de busca de información científica


ScirusSeguramente moitos de vós xa coñecedes Scirus, pero para aqueles que ainda non o descubrístes aquí vai o post desta semana.

Scirus for sicentific information only trátase dunha moi boa ferramenta de investigación científica que vos permite realizar buscas de información científica sobre consultas específicas. Propiedade da macroeditorial Elsevier, Scirus creouse no 2001 e dende entón foi incorporando cada vez máis novas fontes de información o que o convirte nun motor de búsca específico en ciencia, definido como o máis extenso en Internet.

Scirus_pantalla principal

Ao tratarse dun buscador científico as buscas realízanse sobre o contido de revistas científicas (gran parte da editorial Elsevier, máis un gran número de publicacións de tipo open access), ademais de buscar tamén en páxinas e documentos publicados en sitios web e respositorios institucionais e académicos (entre estes ArXiv, repositorio moi empregado en Matemáticas).

Scirus contén unha ampla gama de características especiais para axudarte a localizar con precisión a información científica que necesitas, permíteche:

  • Seleccionar a busca nun rango de áreas temáticas entre as que se inclúen as Matemáticas e a Astronomía.
  • Reducir a busca a un autor particular, revista ou artigo.
  • Restrinxir os resultados a un período de datas específico.
  • Localizar conferencias científicas, resúmes e patentes.
  • Refinar, personalizar e gardar as buscas.

Algunha das opción polas que podedes filtrar os resultados das buscas (Busca avanzada) amosámolas na seguinte pantalla:

Scirus_pantalla3

A pantalla de resultados ofrece no menú da esquerda múltiples opcións para afinar con maior precisión a busca e atopar así o que nos interesa realmente :

Scirus_pantalla4

Lembrade que si o artigo que vos interesa está nunha revista de pago poderase acceder ao texto completo do mesmo sempre que a Biblioteca da USC teña suscrita dita revista.

Se estades a facer calquer traballo de investigación do ámbito das matemáticas ou da astronomía non deixedes de buscar en Scirus.

MathWorld: web de recursos de matemáticas


WolframMathWorld2MathWorld (financiado polo Wolfram Research Inc.) trátase da maior web de recursos de matemáticas no mundo. Durante máis dunha decada, Eric W. Weisstein xunto con máis colaboradores, recollen en MathWorld recursos do ámbito das matemáticas.

Actualmente en MathWorld podedes atopar:

manifold

A tecnoloxía de Mathworld está baseada en Mathematica .

Recomendamos ao alumnando que boten unha ollada a este portal, pode resultar de utilidade para resolver algunha cuestión concreta e rápida.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas