Información

This category contains 7 posts

Curso sobre como usar os recursos da Biblioteca


Comezamos o novo curso e vos ofrecemos un curso para toda a carreira!

Temos visto que alumnos que estaban a piques de rematar os seus estudos universitarios non coñecían moitos dos recursos dos que dispón a Biblioteca Universitaria. Para evitar que isto ocorra empezamos en primeiro de grao ofertándovos este curso moi básico pero imprescindible como estudantes. Trataremos temas como o uso das salas, o préstamo de libros, cómo localizar fondos bibliográficos, bibliografías recomendadas,etc.

Ademais  convocaranse  cursos online sobre Competencias Informacionais e outros específicos para TFGs e masters nos vindeiros anos.

VÉMONOS!!!!

 

sistematitorial_seminario_busc

Obras na biblioteca: peche de servizos, excepto o préstamo.


C5Exth51TQRuKzjp_jkth1ubX7h-HKzFdtCDTSed8ao

 A partir do 11 de xullo e debido as obras no depósito da biblioteca da nosa facultade, vémonos na obriga de pechar todos os servizos excepto o préstamo de libros e os  traballos internos.  A biblioteca só  estará  aberta no horario de mañá de 9:00 a 14.30h . As obras están destinadas a suprimir a parte superior do depósito (para garantir unha maior seguridade)  e unha nova redistribución dos estantes de abaixo. Todo o  persoal que atende a sala estará sacando e volvendo a recolocar o fondo completo de revistas.  Tanto o préstamo de libros como os traballos de xestión continuarán funcionando, aínda que sempre estarán condicionados pola actividade de reorganizar a hemeroteca, xa que está previsto que como moi tarde a biblioteca estea con actividade normal a partir do 1 de setembro.

Disculpen as molestias!.

Axenda de cursos, conferencias, xornadas, etc..


axenda_mathinnetmathin_logoA Rede Española de Matemática e Industria (Math-in) ofrécenos dende a súa web unha axenda de xornadas, cursos, conferencias, etc… de gran interese para os vindeiros meses. Botádelle unha ollada!

ABERTA TODA A SALA DE LECTURA DA PLANTA BAIXA DA BIBLIOTECA


Sala de lectura

Sala de lectura (planta baixa)

Hoxe 29 de maio ábrese ao público, na súa totalidade, a sala de lectura da planta baixa da biblioteca tras catro días, en parte, pechada polas obras que se están a facer no tellado da Facultade.

Sentimos as molestias causadas.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas