Fondos (libros, revistas)

This category contains 3 posts

Desafíos matemáticos para entretenerse


Con motivo do Centenario da Real Sociedade Matemática Española (RSME), no 2011, Bernardo Marín, periodista do diario El País, propuxo presentar na web do periódico unha serie de problemas para os lectores. Isto tivo como resultado que cada semana se propoñia un vídeo dun desafío que se resolvía á semana seguinte. O interese dos lectores plasmouse no número de visitas que tiveron e foi o que fixo pensar que sería boa idea plasmar estes retos nun libro que finalmente se titulou Desafíos Matemáticos.

Desafíos-Matematicos

Desafíos Matemáticos

Esta obra editada pola RSME en colaboración coa editorial SM recolle deste xeito, os desafíos de sesenta autores, dende catedráticos de universidade ata estudantes de Secundaria e Bacharelato. A coordinación da obra corre a cargo de Adolfo Quirós, doutor en Matemáticas pola Universidade de Minnesota, profesor titular de Álxebra na Universidade Autónoma de Madrid (UAM) e codirector de La Gaceta de la Real Sociedad Matemática Española.

Aqueles interesados e curiosos en enfrentarse a ditos retos pode coller esta obra na biblioteca da nosa facultade. Aqueles que prefirades ver os vídeos pinchade no seguinte enlace: Los desafíos matemáticos

Advertisements

Aberto o prazo en biblioteca para mercar libros


PeticionLibrosÁbrese o prazo para mercar libros para este curso. Todos aqueles que teñades algunha petición (profesorado e alumnado), por favor, enviádea á biblioteca.

Pódense enviar peticións en  calquera momento.

Doazón dos libros de Enrique Vidal Abascal


foto_acto_blogOnte celebrouse nesta biblioteca un emotivo acto de agradecemento á familia de Enrique Vidal Abascal pola súa doazón de 231 exemplares pertencentes a este matemático. Ao acto asistiron, ademais de tres dos seus fillos, a decana da Facultade, o profesor Xosé Masa así como numerosos docentes e investigadores desta facultade, moitos deles antigos alumnos seus.

O fondo bibliográfico doado recolle obras de xeometría e topoloxía moi relacionados coa docencia e investigación nesas materias. De entre todos eles destacan algunhas obras clásicas de matemáticos como Bianchi, Bieberbach, Blaschke, E. Borel ou E. Cartan dos anos 20 e 30 do pasado século. Á súa particular valía engádeselle o feito de que moitos volumes contan con anotacións caligráficas do propio profesor Vidal Abascal.

20130207_092231

Don Enrique, como así lle chamaban os seus alumnos, impartiu clases na Facultade de Matemáticas na materia de Xeometría Diferencial e ademais foi o primerio decano desta Facultade. É de salientar que foi o  promotor da Real Academia das Ciencias de Galicia e o director do Seminario de Estudos Matemáticos de Santiago de Compostela durante os anos 1967-1978.

Pódese consultar aquí o catálogo dos libros doados.

This slideshow requires JavaScript.

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas