Biblioteca

Exiliado en Buckingham Palace por Eleuterio Toro

Sección A Propósito dos Libros 

Post realizado pola Decana da Facultade de Matemíacas e profesora do Departamento de Matemática Aplicada Elena Vázquez Cendón

 

Os que tivemos a sorte de compartir Matemáticas con Eleuterio Francisco Toro sabemos que, ademais de ser un referente internacional en resolventes de Riemann, é un ser humano admirable. Se tamén puidemos compartir con el en mesas con manteis, podemos testemuñar que descentrou con éxito moitas adversidades.

 

O libro https://eleuteriotoro.com/exiliado_buckingham_palace, protagonista da revisión, depende de variables espaciais e temporais que viven no dominio de definición do noso amigo e que explican incógnitas, como o seu propio nome, ao que por ventura, non renunciou. Traducindo as súas palabras: “Relato as miñas experiencias como rapaz campesiño, profesor, estudante universitario, líder estudantil, prisioneiro, torturado, escapado, sen fogar (despatriado), exiliado, investigador matemático e catedrático”.

 

Sen perder o humor chileno, próximo á retranca galega, o noso amigo Tito utiliza rigor científico de alta orde á hora de reflexionar sobre “a educación, as matemáticas na escola e na vida; a investigación matemática e as súas aplicacións en varias áreas do coñecemento humano, incluída a medicina “.

No centro da foto Elena Vázquez Cendón e Eleuterio Toro

 

Na memoria deste brillante académico está Facultade de Matemáticas e a USC. O profesor Toro quixo que congreso na súa honra que celebramos no 2011 fose en Santiago de Compostela, cunha importante presenza da Matemática Aplicada internacional, e que tiven a honra de coordinar. No seu momento logramos que a editorial Springer doase exemplares dun dos seus libros máis citados ás persoas bolseiras do encontro, ao Departamento de Matemática Aplicada, a Biblioteca da Facultade de Matemáticas e a Biblioteca América. O profesor Toro gozou coa visita a Biblioteca América e xenerosamente quere que a este libro forme parte tamén das mesmas por doazón propia.

 

Numerical Methods for Hyperbolic Equations: Theory and Apllications Santiago de Compostela, July 4-8,2011

Hai dous anos convidei a Tito a participar no Consello da Cultura Galega na xornada titulada “Persoas refuxiadas ConCiencia. Análise da problemática das persoas refuxiadas desde a Ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento”, o título da súa presentación era igual ao do libro, cuxa primeira versión compartiu comigo. Nesta ligazón pódese escoitalo, presentado por un dos personaxes do libro, o seu irmán Gino, http://consellodacultura.gal/persoa.php?id=8294.

 

Recomendo o libro a todas as xeracións para compartir que a ciencia é permeable ás experiencias das persoas que o desenvolven e apreciar que, ademais de dedicar tempo ás publicacións coas que compartimos as nosas contribucións, agradécense as que comparte o profesor Toro neste libro, as reflexións vitais que tamén producen a ciencia.

 

 Exiliado en Buckinham Palce libro ubicado no fondo da Biblioteca da Facultade de Matemáticas coa signatura DC 33 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

A %d blogueros les gusta esto: