Biblioteca

Acceso a través de SIR aos recursos da BUSC de interese para o alumnado da Facultade de Matemáticas

A través do SIR pódese acceder a diferentes  recursos que a BUSC ten contratados e que nestes momentos pode ser un sistema de moita utilidade pola necesidade de conectarnos desde casa, e o máis importante e que este sistema está dispoñible para todos os membros da USC xa que so necesitamos ter as nosas credenciais. Todo o alumnado da USC pode usar este sistema de acceso!

SIR e unha forma de federación de Identidade é unha técnica que permite establecer unha comunicación entre a institución á que pertence o usuario e o provedor dun deteminado recurso electrónico sen necesidade de utilizar un Proxy.

Esta é a ligazón que nos leva aos recursos que temos acceso  a través deste sistema e aos vídeos titoriais que os explican :

http://sp.bugalicia.org/san/subjects/guide.php?subject=gsir

 

 

Entre os recursos que se ofertan pódense destacar os seguintes para  matemáticas e estatística:

1. Especial atención, pola cantidade de títulos de libros que ofrece, está a colección de  libros electrónicos  da Colección de Matemáticas e Estatística da editorial Springer que poden  ser consultados por este sistema e na páxina anteriormente citada aparece un vídeo-tutorial no epígrafe de Springer onde se explica como proceder.

Os pasos a seguir explicados no vídeo:

      • Chegas á páxina de Springer  Link:  https://link.springer.com/
      • Picas en:  log in
      • Nesta  páxina elixes:   Log  in  via  Shibboleth  or  Athens
      • Vas ao despregable da dereita:  Or,  find  your  institution ( via  Shibboleth)  e buscas  Univ Santiago de Compostela USC
      • O sistema solicita as credenciais da USC a primeira vez que entras.
      • No despregable de  Springer  Link elixes o tipo de documento que dexesas, por exemplo:  book,  mathematics e ter en conta o rango de libros aos que temos acceso. Pode que algúns libros que traten de matemáticas relacionados con  física ou  enxeñería non estean nesta colección.

 

Nestes momentos temos acceso aos seguintes anos desta colección e coas características que se indican:

          • Acceso perpetuo: as coleccións de  1929-1999,  2015 e 2017-2019.
          • Acceso temporal desde 1 de abril ata o 10 de agosto as coleccións de  2000-2014, 2016 e  2020. 

O acceso temporal ao ano 2020 e ao período de 2000-2004 foi concedido por Springer o 1 de abril de 2020  para apoiar a docencia e investigación neste momento excepcional. Este acceso pode alongarse unhas semanas máis dependendo das circunstancias do estado de alarma sanitaria.

Con este apoio desde o 1 de abril  ata o 10 de maio temos acceso a toda a Colección de ebooks de Matemáticas e Estatística de Springer que abarca  desde 1929- 2020. 

2. Tamén podese consutar a través do SIR, tanto para libros como para  artículos de revistas relacionados con matemáticas e estatística, as ligazóns de  Science  Direct que nos permite consultar libros da editorial  Elsevier, a ligazón da editorial Taylor& Francis e a ligazón de  Wiley  online  Library.  Hai que seguir as instrucións do vídeo-titorial que aparece á beira. O sistema de acceso é moi parecido en todos os recursos.

3. Outros recursos dispoñibles desde SIR e o acceso as dúas principais bases de datos de referencias bibliográficas e citas de publicacións periódicas como son Web of Science, propiedade de Clarivate Analytics e Scopus, propiedade de Elsevier.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

A %d blogueros les gusta esto: