Biblioteca

MatHex, xogo de estratexia onde o coñecemento é a arma

 

 

 

 

 

 

 

 

Un equipo de docentes do Departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesorado de educación secundaria, acaba de pór en rede a versión beta (en castelán) do xogo gratuíto MatHex (https://mathex.games), que ten como obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de público, combinando estratexia e coñecementos.

A base do videoxogo é un taboleiro formado por hexágonos inspirado no clásico xogo de mesa HEX creado polos matemáticos John Nash e Piet Hein, que se presenta combinado con preguntas. A versión beta, que en futuras edicións irá ampliando a base de preguntas, presenta cinco niveis de dificultade, incluíndo un especial para nenos e nenas de 7 a 10 anos. Polo de agora están activos os modos de xogo ‘Persoa contra Persoa’, e ‘persoa contra máquina’, hai máquinas con tres niveis de destreza. Proximamente poñerase en marcha o modo ‘en liña’, para xogar con opoñentes a distancia

MatHex, que conta con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e aTecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, presenta a vantaxe de que non ocupa espazo no dispositivo xa que non necesita instalación; xógase dende o navegador web da computadora ou da tablet.

Nestes momentos o que buscan é a maior participación posible para poder mellorar a versión beta e ir avanzando no programa definitivo. Como explica unha das súas creadoras, a profesora Elena Vázquez Abal, “temos intención de que o xogo se poida usar tamén nas aulas, onde o profesorado poderá incluír o seu conxunto de preguntas e xogar co alumnado da clase. Ademais, neste curso contamos con ter unha versión en galego.”.

MatHex é froito dos docentes Elena Vázquez Abal, José Carlos Díaz Ramos, Esteban Calviño Louzao e Víctor Sanmartín López, membros do grupo de innovación docente GrID-A/ XD da USC. Ademais, contaron coa colaboración de CHOCOSOFT no desenvolvemento e programación do xogo e de ADUMBRO no deseño gráfico e da interface.

Web: https://mathex.games
Mail: info@mathex.games
Facebook: https://www.facebook.com/Mathex.games/

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

Advertisements
%d bloggers like this: