Biblioteca

David Cox e Bradley Efron, premios Fundación BBVA Fronteras del Conocimiento en Ciencias Básicas

 

Os archicoñecidos estatísticos David Cox e Bradley Efron foron galardonados co “Premio Fundación BBVA Fronteras del Conocimiento”, na categoría de Ciencias Básicas.

O profesor británico Sir David Cox (University of Oxford) realizou importantes contribucións á analise de supervivencia por medio do chamado Cox model. Proba da importancia que o modelo de Cox ten nas ciencias aplicadas son as máis de 43000 citas que o artigo, Regression Models and Life-Tables, ten ata a actualidade.

Bradley Efron (Standford University) revolucionou completamente a estatística na década dos 80 por medio da invención do bootstrap (Bootstrap methods: another look at the jackknife). A filosofía computacional deste método permite aportar solucións efectivas a problemas complexos para a estatística clásica, como por exemplo o cómputo da variabilidade dun estimador.

Nas verbas de Trevor Hastie (Standford University), membro do xurado (e autor dun dos libros de referencia actuais na estatística, The Elements of Statistical Learning), David Cox e Bradley Efron “son os dous estatísticos vivos máis influíentes hoxe en día e revolucionaron este campo”.

Máis información en: http://www.fbbva.es/TLFU/tlfu/esp/microsites/premios/fronteras/galardonados/2016/ciencias.jsp

Obras destes autores poden ser atopadas nesta biblioteca nas seguintes entradas do catálogo da BUSC David Cox Bradley Efron

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: