Biblioteca

Clasificación do fondo de investigación

AMS

Continuamos explicando o sistema empregado na ordenación do fondo da biblioteca, desta vez toca falar dos libros de investigación. Todos eles teñen unha lapela branca cuxos dous primeiros díxitos se corresponden coa Mathematical Subject Classification. Esta clasificación, formulada pola American Mathematical Society, é o resultado dun traballo colaborativo entre os editores da Mathematical Reviews Database (MRDB) e Zentralblatt Math.

Trátase dun esquema alfanumérico estructurado en tres niveis que permiteLibros do fondo de investigadores asignar temas aos textos que catalogamos tendo en conta o maior ou menor grao de profundización ou especifidade que se requira. O primeiro e o terceiro nivel están formados por dous díxitos mentres que o segundo nivel constitúeo unha letra. A MSC foi revisada no 2010 e esta é a versión que se utiliza na actualidade na biblioteca.

Na nosa biblioteca aos dous primeiros números da MSC súmase o número currens, é dicir, a ordenación segue unha secuencia numérica correlativa en función da orde de chegada e rexistro dos exemplares. Na imaxe que segue apreciamos como se toma a signatura da monografía partindo da Mathematical Subject Classification.

imaxe iacobus

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: