Biblioteca

Clasificación do fondo para alumnos da nosa biblioteca

20150709_111322_HDRXa comeza  o curso e inaguramos  esta tempada falando de algo sinxelo pero moi útil xa que cada vez que usedes un libro nesta biblioteca  ides  manexalo. Isto é máis importante  para os alumnos de primeiro de Grao que chegan de novo a este territorio. Benvidos!

Imos centrarnos en explicar de “onde saen” os números que teñen os libros da biblioteca no lombo. E doado  decatarse que sirven para colocalos e localizalos.

 

No caso dos libros que son para os alumnos, a parte de ter un lapela amarela, todos comezan por catro díxitos dos cales os dous primeiros son  iguais para todos.

Estes díxitos se corresponden  coa clasificación que utiliza a UNESCO para a ordenación do coñecemento, en especial para traballos de investigación e teses.  As divisións maiores, é dicir as grandes áreas temáticas,  empregan dous díxitos,  no caso das matemáticas corresponde aos díxitos 12. Ademais estas materias subdividense noutras disciplinas mais específicas e codificadas con 4 díxitos. Á súa vez, estas últimas  inclúen outras subdisciplinas codificadas en 6 díxitos. Podedes ver a clasificación completa neste enlace.

Nesta biblioteca só usamos os catro díxitos primeiros porque non se chega a un nivel moi 8detallado de clasificación para o ordenamento dos libros. Nestes momentos as principais divisións son:

1200 Xerais
1201 Álxebra
1202 Análise matemático e análise funcional
1203 Ciencias da computación
1204 Xeometría
1205 Teoría de números
1206 Análise numérico
1207 Investigación operativa
1209 Estatística
1210 Topoloxía
Como podes ver na foto despois dos 4 díxitos das materias veñen os números correlativos (números currens) que indican o lugar que ocupa cada libro no estante. Cando hai mais dun exemplar aparecen letras maiúsculas ao final dos números e seguen, como é lóxico, un orden alfabético dependendo do número de libros que haxa. Todo estes números e o que termina configurando a signatura, por exemplo: 1202-101-D.

No catálogo aparece da seguinte forma:ejemplo signatura

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: