Biblioteca, Prensa

Os Simpson e as matemáticas

Saudando xa de fronte ás vacacións, retomamos o blog cunha nova moi animada.

simpson 1Marta Martín Sierra e Abel Martín Álvarez, da Facultade de Matemáticas da Universidade de Oviedo, atoparon na serie estadounidense “The Simpson” un método ameno e efectivo para ensinar a disciplina en centros escolares de Asturias. Non é de estrañar tendo en conta que varios dos guionistas da famosa producción de Matt Groening son licenciados en Matemáticas e Física pola prestixiosa Universidade de Harvard. Así é como J. Stewart Burns, Al Jean, Ken Keler, David X. Cohen e Jeff Westbrook aproveitaron os seus coñecementos académicos para dotar de contido “numérico” as delirantes historias de Hommer, Marge, Bart, Lisa e Maggie, entre outros.

Xa o escritor e físico británico Simon Singh se encargara de facer un repaso polos momentos matemáticos ocorridos en Springfield no seu libro The Simpson and their Mathematical Secrets. A continuación un par deles:

simpson 2Corría o ano 1993 cando Hommer visualizou (nunca mellor dito) na casa do señor Burns un dos enunciados máis coñecidos no cálculo de probabilidades: “Se un millón de monos teclearan ao azar nun millón de máquinas de escribir, ao cabo dun millón de anos terían escrito todos os libros do British Museum”. Foi Arthur Eddington quen a finais dos anos vinte do século pasado escribiu tal afirmación no seu libro The Nature of the Physical World, premisa que ilustra o feito de que baixo determinados niveis de probabilidade, o termo improbable equivale a imposible.

simpson 3

O premio Nobel de Física Richard Feynman calificou como “a fórmula máis notable da matemática” a identidade de Euler, que relaciona os cinco números máis empregados nesta ciencia: o número e, o número pi, o número i, o 0 e o 1. Esta identidade, exposta polo matemático e físico suizo Leonhard Euler en 1748, aparece referenciada en numerosos capítulos dos Simpson. Un par de exemplos: cando Hommer viaxa a unha terceira dimensión tentando fuxir das súas cuñadas Selma e Patty, aparece rodeado de distintas fórmulas, unha delas é a identidade de Euler. Esta ecuación tamén se observa no lombo dun libro no episodio no que Lisa entrena a unha equipa de béisbol.

Baseado nunha noticia publicada no diario El País o 02/05/2015.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: