Biblioteca, Investigación

A biomatemática e a bioestatística

BIOMAT6Nestes momentos nos que está de triste actualidade o Ébola, como enfermidade moi contaxiosa, perigosa, con importantes efectos sociais e consecuencias letais para a vida humana, tamén se fan estatísticas e se calculan as probabilidades de contaxio entre a poboación exposta ao brote. Segundo o periódico El Pais na súa edición dixital de hoxe:

“Entre os expertos en enfermidades infecciosas hai un grupo que non se dedica a curalas. De feito, a maioría nin sequera son médicos. Son biólogos, matemáticos ou estatísticos que se dedican e aplicar as matemáticas a cada enfermidade contaxiosa. Con apenas uns poucos datos intentas calcular o (R0) do brote.  Non é ningunha cifra máxica, é o chamado número básico de reprodución. E con el pódese anticipar o alcance dunha epidemia.”

Aquí, non imos falar do problema do Ébola e as súas graves consecuencias, se non de esta outra dimensión das matemáticas que, en xeral,  non son tan coñecidas. Por exemplo, e seguindo a mesma fonte, está o caso do matemático Klaus Dietz do Instituto de Epidemioloxía Clínica da Universidade de Tubinga (Alemania) que leva mais de corenta anos estudando a propagación dunha enfermidade contaxiosa coa axuda das matemáticas. No seu artigo sobre o (R0): “The estimation of the basic reproduction number for infectious diseases” Stat. Methods. Med. Res.,  March 1993 vol. 2 no. 1 23-41, definiu esta cifra como “o número esperado de casos secundarios que unha infección cun caso típico pode xerar durante su período de infección nunha poboación susceptible.”

modelo-de-von-bertalanffyAsí, a biomatemática é un area interdisciplinar de estudos que se centra na construción de modelos dos procesos biolóxicos, utilizando técnicas matemáticas. Ten moitas aplicacións teóricas e prácticas na investigación biolóxica. Debido as súas características, estes estudos lévanse a cabo coa colaboración interdisciplinar entre matemáticos, físicos, biólogos, químicos, etc. Os modelos dentro dun sistema biolóxico conlevan un sistema de ecuacións. A súa solución indica como ese sistema se comporta.

Dun modo mais especifico podemos falar da bioestatística. Os métodos estatisticos  nun sentido ampl20130503-140511-.-BIOESTADISTICAo, son ferramentas de traballo imprescindibles nos campos profesionales mais diversos.  Aínda que os diferentes problemas poden ser moi variados, existe unha metodoloxía  estatística xeral que permite abordar de forma sistémica calquera problema concreto de decisión ou de análise de datos.  Desta forma a bioestatistica  axuda na elaboración de fármacos, no tratamento de graves enfermidades como o cancro ou a sida, analises epidemilóxicos, etc. Constitue, pois,  unha área imprescindible na maioría dos proxectos de investigación e involucra, no seu desenvolvemento dende o principio, o deseño xeral, o móstreo, o control de calidade da información e a análise e presentación de resultados

mapagrid2

 

Para rematar, recordamos  que, na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, dentro do Departamento de Estatística e Investigación Operativa, están a traballar, na área de Bioestatística, tanto o grupo de investigación Modelos de optimización, decisión, estadística y aplicaciones como o mais específico  Grupo Interdisciplinar de Estadística, Computación, Medicina y Biología.

Este proxecto ten como finalidade:

  • Realizar novos avances metodolóxicos nas  liñas actuais de investigación.
  • Aplicación dos métodos en Medicina (Medicina Clínica, Epidemiolóxia e Neurociencia), Bioloxía e Medio Ambiente.
  • Desenvolvemento  de software libre, eficiente e de fácil uso para investigadores noutras áreas de coñecemento.

(Pódense atopar libros sobre bioestatística nas signaturas 92  e 62  do fondo de investigación desta biblioteca, e dentro do catálogo Iacobus da BUSC, atópanse buscando polo tema Biometría).

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: