Investigación

ArXiv: repositorio de artigos de investigación

ArxivEn  Agosto de 1991 comezou  arXiv.org (previamente xxx.lanl.gov) como un arquivo electrónico para  artigos de investigación. Nun primeiro momento soamente era  un arquivo para borradores de física e posteriormente ampliouse para incluír astronomía, matemáticas, informática, ciencia non lineal, bioloxía cuantitativa e mais recentemente estatística. Pódese dicir que ArXiv é un repositorio aberto e moderado para artigos de investigación nas disciplinas antes mencionadas.

ArXiv  está aloxado e administrado pola Universidad Cornell, con espellos en todo o mundo. Cambiou o seu  nome e dirección por arXiv.org  en 1999 para darlle unha maior flexibilidade.  Conta cun ArXiv Scientific Advisory Board e o ArXiv Sustainability Advisory Group que proporcionan unha guía e apoio na súa labor,  así como a axuda de numerosos colaboradores das diferentes disciplinas.

Neste senso, ArXiv non está revisado por pares senón que os documentos  entregados son revisados por expertos que verifican que son contribucións científicas e seguen os estándares da comunicación científica. ArXiv reservase o dereito de rexeitar ou reclasificar os artigos entregados, pero a maior responsabilidade recae sobre o autor xa que só se rexeitan por problemas moi evidentes ao ser un repositorio. Permítense subir diferentes versións revisadas do artigo pero sempre mantendo as anteriores.

Ademais de subir os artigos a este repositorio a maioría dos autores envía os  e-prints ás revistas científicas para que sexan publicados polo método tradiccional.

Como arquivo electrónico ArXiv comprométese a proporcionar acceso permanente aos documentos nel publicados. Isto conséguese, en parte, co control do tipo de arquivos cargados. Os artigos pódense enviar en varios formatos, incluído  LaTex, Postscrit, Pdf e HTML. No caso de LaTeX, débense enviar todos os arquivos para producir o texto, en particular a súa fonte e os das ilustracións. O envío e rexeitado si o software que xera o PDF final falla, si hai algunha imaxe demasiado grande, ou si o tamaño final despois da compresión e demasiado grande. Os límites de tamaño son bastante pequenos e as veces hai que converter as imaxes en arquivos máis pequenos.

Para enviar os artigos requírese que o autor estea rexistrado como usuario, aínda que non é necesario rexistrarse para poder navegar polo repositorio.

En moitos campos das matemáticas e da física, case todos os artigos científicos se colocan en arXiv. En 2010, arXiv.org almacenaba máis de 617.767 documentos o que supón que miles deles sexan engadidos cada mes.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: