Investigación

NTU Ranking 2013. A USC – Matemáticas, nos primeiros postos das universidades europeas.

National Taiwan University RankingDentro da área de Matemáticas a USC volve a situarse, unha vez máis, nos primeiros postos das universidades europeas (posto 14) e liderando o ranking entre as universidades españolas. No NTU Ranking 2013, elaborado pola National Taiwan University dende o 2007 podemos ver as clasificacións que ocupan as distintas universidades filtrando por campo (área de coñecemento), materia, continente e pais.

NTU Ranking 2013 - SpainO ranking recolle as 500 mellores universidades do mundo baseándose nas publicacións en revistas científicas. A puntuación final das institucións académicas procede nun 25% da productividade da investigación, un 35%, do impacto da mesma, e o 40% restante, da excelencia da súa actividade investigadora.

O primeiro posto do ranking na área de Matemáticas a nivel mundial ocúpao a Universidade de California- Berkeley, á que lle segue a Universidade de Stanford e Harvard; Santiago ocupa dentro desta clasificación o posto número 65. Podedes consultar a lista completa no seguinte enlace: Ranking Mathematics 2013.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: