Biblioteca

O ITMATI abriu a primeira convocatoria para a captación de investigadores

itmati_logoO sábado 5 de outubro aparecía na Voz de Galicia a nova de que o  Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati)  abría  a primeira convocatoria para a captación de investigadores das tres universidades galegas interesados en transferir ao tecido empresarial  os seus resultados de investigación. Unha comisión de avaliación, formada na súa  maioría por expertos externos, será a encargada de avaliar os currículos daqueles científicos que queiran formar parte do Itmati como persoal adscrito:

Resolución provisional aprobada en la Junta Ordinaria del Consejo de Gobierno de ITMATI del 26 de septiembre de 2013”, por el que se aprueba la lista provisional de aspirantes admitidos en el proceso selectivo para el ingreso como investigador/a adscrito/a la ITMATI ..”

O centro de investigación ten a súa sede en Santiago de Compostela e a súa principal función é a  transferencia de tecnoloxía matemática para axudar a mellorar a competitividade e apoiar a innovación no sector produtivo. O Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)  proporciona solucións avanzadas, especialmente ás empresas, industrias e ás administracións públicas, con especial atención as referidas a Galicia pero tamén porá as súas miras na innovación de carácter nacional e internacional.

ITMATI é un consorcio público, no que participan as tres universidades galegas, coa idea de ser un centro de investigación tecnolóxica de referencia a nivel internacional no ámbito da Matemática Industrial.  Ademais de persoal propio, conta  coa colaboración de nove grupos de investigación en Matemática Industrial das 3 universidades galegas (catro deles son da USC, tres da UDC e dous da U. Vigo), todos con ampla traxectoria e recoñecido prestixio no  ámbito da Matemática Aplicada, a Estadística e a Investigación Operativa.itmati diagrama Entre os seus servizos destacan:

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: