Biblioteca

National Museum of Mathematics

momath1O National Musem of Mathematics ten como principal obxetivo reforzar a comprensión  e a percepción das matemáticas para un público  o máis amplo posible.

A través das exposicións dinámicas que realiza e dos programas que desenvolve facilítase a investigación, suscita a curiosidade, e se revelan as marabillas das matemáticas. Todas as actividades que se presentan e que se levan a cabo no museo pretenden inducir a que súa audiencia, ampla e diversa,  entenda a natureza evolutiva, creativa, humana, e estética das matemáticas.

momath4Os logros mais destacados ata hoxe inclúen  a popular exposición titulada  Math Midway , que actualmente está rotando por numeroros museos nos Estados Unidos; e Math Encounters, unha serie de presentacións públicas que dan a coñecercer e comprender as matemticas a través de programas para estudantes, profesores, e para o público en xeral.

O MoMath é un museo cento por cento momath 5interactivo con máis de 40 instalacións nas que os nenos (e maiores) saltan, xogan, gritan e aprenden un pouco máis das matemáticas e do seu uso científico e social. Estas atraccións didácticas contan con persoal de apoio que explica en todo momento o porque e como desa instalación.

Así, os visitantes convértense en árbores humanas no Human Tree, que traslada os teus movementos e convérteos en ramas; tamén podes transformar museomath_arbolesa túa roupa en fórmulas matemáticas grazas ao Pattern Pants; deslizarte polo Coaster Rollers subido a un triángulo e darte conta de que sen rodas tamén podes desprazarte. Ata bailar na xigante Math Square, que detecta os teus movementos e convérteos nun pequeno labirinto de cor nunha pantalla xigante no chan. O Wheeled Trike, un triciclo con rodas cadradas.

Pódese visitar  en 11 East 26th Street (Manhattan) e está aberto desede 10:00 AM ata 5:00 PM, sete dias a semana, 364 diás ao ano.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: