Biblioteca

Adrián Fernández Tojo recolle o premio Bernd Aulbach

scaleAdrián Fernández Tojo, doutorando na Facultade de Matemáticas,  acaba de recoller o  premio Bernd Aulbach para estudantes que concede a Sociedade Internacional para as Ecuacions Diferenciais. O premio entregoullo o presidente desta entidade, Martin Bohner, durante a celebración do Simposio de Ecuacións Diferenciais que se celebrou en Alemaña.

Ademais este xove investigador fíxose en novembro do 2012 co primeiro premio máster na área de ciencias experimentais, exactas e ambientais do undécimo certame Arquímedes de introdución á investigación científica. De feito o traballo, titulado “Ecuacións diferenciais con involucións”, abre novas líneas de investigación.

Recollemos aquí o que Adrián conta na web da USC:IMG_0411

“Pasaron seis anos e aínda non conseguín saír da facultade de mates, e é que nela, un pérdese. En realidade gústame o lugar. Estou a facer o máster de Matemáticas- coa esperanza de chegar algún día a doutor- e dedícome á análise e á xeometría case a partes iguais. No meu tempo libre gústame tomar café cos amigos ou dar unha volta, facer algo de deporte, aínda que só sexa subir e baixar as escaleiras da facultade, e tocar o piano. Encántame viaxar, pero despois de facer o meu último ano de carreira en Australia creo que quedarei por aquí un intre máis”.

Todos os nosos parabéns para  Adrián!

Parte da informacion  foi obtida de T. Montero. Santiago / la voz  18 de septiembre de 2013

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: