Biblioteca

Publican un modelo matemático para extraer información persoal das redes sociais

Hoxe, a maioría de nós estamos inmersos nalgunha rede social, na cal participamos, ou nos aproveitamos da información que nos proporcionan. Pero tamén, por outra banda, introducimos información nosa , moitas veces de forma inconsciente que pode revelar datos sobre un mesmo.  A raíz disto, Micha Kosinski e os megustaseus colegas do Centro de Psicometría da Universidade de Cambridge desenvolveron un modelo matemático que permite deducir así a etnia, a orientación sexual, as tendencias políticas e as crenzas relixiosas de calquera persoa.

O modelo acerta se un home é homosexual ou heterosexual nun 88% dos casos, se unha persoa é de orixe africano ou caucásico nun 95%, si é de esquerdas ou de dereitas nun 85%. Hai outros atributos que tamén se pode deducir  pero con menos precisión, como os rasgos de personalidade, a intelixencia, o grado de felicidade, o estado civil dos pais ou a drogadicción.

O traballo publícase en Proceedings of the Nacional Academy of Sciences [Enlace ao artigo]

Este estudo enmárcase dentro dunha nova disciplina denominada “ciencia social computacional” que se dedica a extraer información persoal das redes sociais. Un dos seus principais obxectivos é o marketing dirixido, os sistemas de “recomendación” persoal e as máquinas de busca personalizada, todo elo en Internet. O obxectivo serve ademais para financiar os seus experimentos.

Os autores sen embargo admiten que todos estes traballos supoñen graves desafíos no terreo da intimidade e da protección de datos, xa que están a traballar con información dispoñible na rede sobre o comportamento individual e por outra banda o desexo de aprender cada vez máis sobre os consumidores e os cidadáns.

As estatísticas sobre as páxinas web que unha persoa visita permite, por exemplo, predicir a súa idade, sexo, profesión, nivel educativo e varios rasgos da súa personalidade.facebook

Os tan coñecidos “me gusta” revelan pautas sobre nós que poden, a través de algoritmos, revelar información persoal. Kosinski, propón de forma explícita algunhas aplicacións comerciais destas técnicas, e ademais recoñece as posibles consecuencias dañinas destes modelos porque “poden aplicarse a enormes mostras de xente sen obter o seu consentimento e sen que o saiban”.

Kosinski, e David Stillwell, outro dos autores, facilitan unha demostración da predición da personalidade a partir dos me gusta de Facebook.

Noticia publicada no diario El País o 11/03/2013.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

QR

Horarios

Facultade de Matemáticas USC

BUSCa no catálogo

Bibliografía Recomendada das asignaturas

%d bloggers like this: